Na pranta baixa, toda aberta ao xardín, hai un amplo salón-biblioteca con TV, DVD, neveira, microondas e unha cociniña eléctrica. Un espazo idóneo para os que queren certa independencia ou autonomía en aloxamentos rurais na Coruña.
No edificio da Palleira atópanse tres das nove habitacións da Casa Rural Casa de Graña da Acea. Son as chamadas Camelias, Palleira Norte e Palleira Sur. Poden verse no apartado "As Habitacións". |