Cos produtos da zona elabóranse case todos os pratos que se poden degustar no comedor da nosa casa rural.
En tempada, é de destacar o cocido, cos grelos de Monfero, denominación de orixe tan apreciada. E durante todo o ano, as empanadas feitas na casa, o xarrete estufado ou o rolo de carne, co ancestral acompañamiento de patacas estufadas.
Un das sobremesas favoritas dos nosos clientes é o flan de leite callado. Non podía ser menos, xa que a súa materia prima, o leite de vaca, é excelente en Monfero.
E o mellor ingrediente dos nosos pratos é o ambiente familiar e acolledor do noso comedor, ideal para familias e grupos. Cada vez son máis os que valoran a forma de facer gastronomía nas casas rurais.
Se desexa solicitar máis información ou reservar para xantar na Casa Rural Graña da Acea, envíe o seguinte formulario cumprimentado: |